Bookcrossing 2017 nas bibliotecas de museos e centros de arte e cultura

Por noveno ano consecutivo as bibliotecas de  museos e centros de arte e cultura compartirán o 21 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro, unha experiencia de bookcrossing ou campaña de liberación de libros, coa pretensión de inundar as vilas e cidades con volumes procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas.

As 60 bibliotecas participantes poñen en circulación estes libros coa intención de que as persoas que os recollan, gocen coa súa lectura e volvan a liberalos noutro punto distinto. Para facilitar esta viaxe, os libros liberados estarán acreditados coas súas correspondentes  etiquetas e conterán instrucións precisas para facilitar a participación na campaña; estarán rexistrados na páxina web http://www.bookcrossing.com/ onde se poderá indicar o lugar onde se liberan de novo.

O obxectivo desta iniciativa é sumar as bibliotecas dos museos nun esforzo común para o fomento da lectura e para a difusión do coñecemento das distintas disciplinas culturais.

Con grande agrado a Biblioteca do Museo Galego da Marioneta súmase un ano máis a esta iniciativa, coordinada pola biblioteca do Centro Museo Vasco de Arte Contemporáneo de Vitoria-Gasteiz Artium

Bibliotecas partcipantes:

Biblioteca – Centre de Documentació del Museu Valencià d’Etnologia; Biblioteca – Centro de Documentación. MUSAC, Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León; Biblioteca de la UNED; Biblioteca del IVAM; Biblioteca del Museo de Zamora; Biblioteca del Museo l’Iber; Biblioteca del Museu de Belles Arts de València; Biblioteca do Museo das Peregrinacións e de Santiago; Biblioteca do Museo Galego da Marioneta; Biblioteca Jacques Dupin-Fundació Joan Miró; Biblioteca. Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense; Biblioteca y Centro de Documentación. Artium, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo (Vitoria-Gasteiz); Bilboko Arte Ederren Museoa_Museo de Bellas Artes de Bilbao; Casa de Colón; La Casona de Tudanca; CCCB, Centre de Cultura contemporània de Barcelona; CENDEAC, Centro de Documentación y Estudios Avanzados de Arte Contemporáneo; Centre d’art la Panera, Lleida; Centre de Documentació i Museu de les Arts Escèniques de l’Institut del Teatre; Centre Documentació Cultura Popular (DGCPAAC-Gencat); Centro Atlántico de Arte Moderno, CAAM; Centro de Arte Caja de Burgos (CAB); Centro de Arte La Regenta; Centro de Documentación de las Artes Escénicas de Andalucía (Sevilla); Centro de Estudios y Documentación MACBA; CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea; CRAI Belles Arts. Universitat de Barcelona; Dokumentazio Zentroa / Centro de Documentación / Documentation Centre / Centro Cultural Montehermoso Kulturunea (Vitoria-Gasteiz); Es Baluard Museu d’Art Modern i Contemporani de Palma; Fundació Antoni Tàpies; Fundación Eugenio Granell; MACA. Museo de Arte Contemporáneo de Alicante; MACVAC, Museu d’Art Contemporani “Vicente Aguilera Cerni” de Vilafamés; MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo; MMC Museo Marítimo del Cantábrico; Museo Arqueológico de Asturias; Museo Art Nouveau y Art Déco – Casa Lis (Salamanca); Museo Casa Natal de Jovellanos; Museo de Belas Artes da Coruña; Museo de Bellas Artes de Asturias; Museo de la Naturaleza de Cantabria. MNAT; Museo de Navarra. Pamplona; Museo de Prehistoria y Arqueología de Cantabria (MUPAC); Museo de Valladolid; Museo del Carlismo – Karlismoaren Museoa; Museo del Ejército; Museo del Ferrocarril de Madrid; Museo del Gas de la Fundación Gas Natural Fenosa; Museo del Traje; Museo Etnográfico de Cantabria; Museo Etnográfico de Castilla y León; Museo Etnológico de Navarra “Julio Caro Baroja”- “Julio Caro Baroja” Nafarroako Museo Etnologikoa; Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía; Museo Nacional de Antropología; Museo Nicanor Piñole; Museos Arqueológicos de Gijón; Museu de Prehistòria de Valéncia; Muséu del Pueblu d’Asturies; Museu Etnològic de Bacelona-Museu de Cultures del Món; Ubik, Tabakalerako sorkuntza liburutegia / Ubik, biblioteca de creación de Tabakalera / Ubik, Tabakalera’s creation library.

 

Advertisements
Publicado en Actividades | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Entruidos e mascaradas na Galiza

Semente Compostela acaba de editar o libro Entruidos e mascaradas na Galiza, unha guía onde dun xeito entretido móstranse moitas máscaras de entroido de Galicia. Dá infocapa_entruidos_gz_-_semente2rmación dos lugares das máscaras e das súas características. Información que vai acompañada con actividades divididas en varias seccións para aprender e gozar descubrindo.

As ilustracións son de Óscar Sotelo “Frebas” e os contidos de Tamara Mosquera e do propio Óscar Sotelo.

Máscaras, folións, touros, xigantes, xenerais, reis, madamitas e madamitos… neste libro podemos apreciar os personaxes do entroido de Galicia.

 

Hai máscaras con moitos anos de tradición, pero tamén as hai cunha historia máis recente. Entre as máscaras de recente creación, topamos o Cacharelo do Barrio da Cacharela en Lalín. Dise no libro en referencia ao Cacharelo:

cacharelo

Cacharelo

[]

Corre entre o público, ameaça com tojos e com foles esparge farinha à vizinhança.

[]

O Cacharelo de Lalim é umha máscara de nova criaçom. Vizinhas do Bairro da Cacharela decidírom revitalizar o Entruido baseando-se num desenho do pintor Laxeiro. []

 

Entruidos e Mascaradas na Galiza Foi presentado en Lalín o pasado 23 de febreiro coa presenza de Óscar Sotelo, Tamara Mosquera, Sechu Sende e Celso Fernández Sanmartín, estivo tamén presente o Cacharelo, a presentación tivo lugar no Bar Doña Maruja, que dispón dun espazo idóneo para este tipo de eventos.

Presentación do libro no Bar Doña Maruja de Lalín

 

Publicado en Bibliografía, Fondos, Pedagoxía | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Marioneta de Paul Klee nunha vitola

No museo Galego da marioneta pode verse unha serie de 24 Vitolas da Marca Cogetama (Bélxica), doazón de Miguel Calvo Ulloa.

vitolas

A vitola co NO. 20/24 representa ao Esquimó de pelo branco de Paul Klee (1924).

Entre 1916 y 1925, Paul Klee creou os personaxes e o decorado dun teatro de marionetas para satisfacer o desexos do seu fillo Félix.

No Esquimó de pelo branco, la mandíbula está feita partindo dunha pequena ferradura, procedente dun cabalo balancín. Os materiais empregados son xeso pintado, ferradura, madeira, algodón e liño.

Artigos relacionados:

Arte, Títeres y Educación en Paul Klee
Artistas e xoguetes
Publicado en Arte, Fondos | Etiquetado , , , | 1 comentario

III Xornada sobre Bibliotecas Especializadas

carteis

O pasado 3 de xuño celebrouse a III Xornada sobre Bibliotecas Especializadas no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Esta edición dedicouse á Xestión de documentos singulares, un material moi abundante nas bibliotecas especializadas;  prensa local, libros raros, cartaces, correspondencia, autocolantes… que precisan conservación, catalogación, difusión e acceso e tomar conciencia do seu valor patrimonial e riqueza documental. Nalgún caso documentos únicos de acontecementos que quedarían silenciados polo tempo.

E aló fumos, unha mañá de primavera adentrámonos no Ribeiro.

Río Avia ao seu paso por Leiro

Río Avia ao seu paso por Leiro

 

E chegamos ao Museo Etnolóxico de Ribadavia.

César Llana deunos a benvida e Rosa Lamas, anfitriona insuperable coma sempre iniciou as xornadas.

Algunhas imaxes das conferencias:

A media mañá e a medio día por suposto fixemos paradas para coller forzas:

E ao rematar a organización agasallóunos cunha visita guiada á vila de Ribadavia, magnífico lugar pola súa beleza e a súa historia.

Información sobre á xornada no blog da Biblioteca do Museo etnolóxico de Ribadavia.

Publicado en Congresos-Xornadas-Reunións, Sen clasificar, Xornadas | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Bookcrossing 2016. Día Internacional do Libro.

calendar

Por oitavo ano consecutivo un total de 56 museos e centros de arte compartirán o 22 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro, unha experiencia de bookcrossing ou campaña de liberación de libros, coa pretensión de inundar as vilas e cidades con volumes procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas.

As bibliotecas participantes poñen en circulación estes libros coa intención de que as persoas que os recollan, gocen coa súa lectura e volvan a liberalos noutro punto distinto. Para facilitar este viaxe, os libros liberados estarán acreditados coas súas correspondentes  etiquetas e conterán instrucións precisas para facilitar a participación na campaña; estarán rexistrados na páxina web http://www.bookcrossing.com/ onde se poderá indicar o lugar onde se liberan de novo.

O obxectivo desta iniciativa é sumar as bibliotecas dos museos nun esforzo común para o fomento da lectura e para a difusión do coñecemento das distintas disciplinas culturais.

Con grande agrado a Biblioteca do Museo Galego da Marioneta súmase un ano máis a esta iniciativa, coordinada pola biblioteca do Centro Museo Vasco de Arte Contemporáneo de Vitoria-Gasteiz Artium

Vídeo en Youtube:

Publicado en Actividades | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Sophie Taeuber-Arp e “O rei cervo”

Sophie Taeuber-Arp (Davos 1880-Zurich 1943) foi unha artista suíza, en 1915 coñeceu a Jean Arp, pintor, escultor, escritor e co-fundador do Dadaísmo co que casou en 1922. Sophie Taeuber-Arp foi moi activa no movemento Dadá. A súa obra abarca a danza, ás artes figurativas, ás marionetas, o téxtil e a artesanía.

Sophie Taeuber e Jean Arp

Sophie Taeuber e Jean Arp

Dadá foi unha palabra escollida ao azar no dicionario, significa cabaliño de pau. Os dadaístas ansían a sinxeleza e o fantástico. O campo dos xoguetes e as marionetas foi delas, das dadaístas, Emmy Hennings creou marionetas de fío, Sophie Taeuber-Arp puxo en escena “O rei cervo” con marionetas de fío.

Con motivo da exposición do Schwizerischer Werkbund -SWB- (Unión suíza de artesáns, artistas e arquitectos), en Zurich en 1918,  fixéronse representacións de marionetas no Schweizerische Marionettentheater (Teatro Suízo de Marionetas) erixido especialmente para esta ocasión, e dirixido por Alfred Altherr, presidente da SWB.

Alfred Altherr, confíalle a Sophie Taeuber-Arp o decorado e a concepción de marionetas de fíos para “O rei cervo”  conto dramatizado por Carlo Gozzi, nunha adaptación orixinal de René Morax e Werner Wolf, que se estreará no Schwizerische Marionettentheater o 11 de setembro de 1918.

roi

Os personaxes, esculpidos por Carl Fisher son concibidos a partir de figuras xeométricas elementais, cilindros, esferas, conos, etc. Os corpos das marionetas están moi segmentados, con múltiples articulacións, como inspiradas en insectos, a experiencia de Sophie na danza reflíctese no movemento das marionetas.

deramo

Son marionetas dun estilo dadaísta e cubista con formas naifs, formadas por elementos básicos torneados, pintados a unha soa cor e levando restos dos utensilios utilizados, o mecanismo de movemento é visible, os membros unidos por alcaiatas presentan movementos soltos, en todas direccións, alonxándose do naturalismo.

centinela

“O rei cervo” volveuse representar en 1965 por Puppentheater de Saint Gall e en 1993 por Zurchen Marionetten. Actualmente as marionetas están no Museo Bellerive de Zurich.

Para saber máis:

Publicado en Arte, Bibliografía | Etiquetado , , , , , | Deixar un comentario

Emilia Pardo Bazán e as marionetas

En “La Ilustración artística”, N. 1150, de 11 de xaneiro de 1904 escribe Emilia Pardo Bazán “La vida contemporánea” donde fala profusamente das marionetas.

Transcribimos un parágrafo:

[…]

“Las marionetas propiamente dichas son las manejadas por hilos; los pupazzi son las figuritas movidas por la mano. Estas se prestan a lo cómico: las primeras, a lo damático irreal . Su modo de deslizarse por el escenario, sin pisar, tiene mucho de esa suavidad ingrávida que caracteriza a las apariciones. Si un velo transparente se interpone entre el espectador y la marioneta; si los prestigios de la luz eléctrica adoptada a lo escénico las envuelven y las desmaterializan, nos transportan facilmente a la región de los ensueños. Tal es quizás la causa del prestigio que las marionetas ejercen hoy sobre los inclinados al modernismo. Estamos en una época en que lo demasiado verdadero abruma el alma.”

[…]

Tamén di:

Los pueblos deben interesarse muchísimo en poseer…

[…]

IV.- Agua, muchísima agua.

V.- Luz, mucha luz.

[…]

VII.- Bibliotecas, en vez de casinos con timba

[…]
LaIlustracionArtistica_11_1_1904

Publicado en Publicacións periódicas | Etiquetado , | Deixar un comentario