Francisco Porras Soriano. Barcelona 1931-Madrid 1998. Coñecido como o “Titiritero del Retiro” por xestionar o “Teatro Municipal del Retiro” durante 20 anos. Foi destituido en 1994, como protesta chegou a anunciar a súa inmolación.
Entre as súas publicacións destacamos: Titelles: Teatro popular.(Editora Nacional 1981) e “Los títeres de Falla y García Lorca”, editado por el mesmo e patrocinado por UNIMA , Centro de Documentación de títeres e a Fundación Socies.(1995)
Presentamos aquí o número de setembro de 1987 da revista “Títere”, revista que iniciou a súa andaina en setembro de 1977. Boletín editado de forma prácticamente artesanal.
Neste número de 1987 podemos ver interesantes artigos, a estrea de “La Pájara Pinta” de Alberti, dirixida por Gonzalo Cañas. Un conto de Porras, que da un pouco conta da súa personalidade. Artigos sobre un manuscrito do “Retablillo de Don Cristobal” de Lorca, fala tamén de Villafañe, de Jordi Beltrán, de Philippe Genty, e un artigo sobre a máscara, centrado no teatro e no antroido.
Vemos tamén varias notas de prensa sobre a folga de fame que iniciou Porras en 1987 para protestar polo desinterés con respecto á arte dos títeres por parte dos responsables de cultura do concello de Madrid