Heinrich von Kleist

Henrich von Kleist foi un ser infeliz, de alma inestable, suicidouse aos 34 anos. Hoxe é recoñecido como un dos maiores dramaturgos da literatura alemana.

Dramaturgo que amaba e necesitaba as máscaras é autor dun ensaio “Sobre o teatro de marionetas”, no que narra o su encontro cun artista famoso, que lle dí ver nas danzas que executan as marionetas unha forma de arte superior que nin os mellores bailaríns poderían igualar.

Texto traducido a numerosas linguas. Na Biblioteca Marioneta pódense ver unha edición española con outros ensaios, publicada por Hiperión en 1988

Unha edición francesa, publicada por Editions Sillage en 2010

A revista Títere, da que xa temos falado neste blogue, inclúe este ensaio no seu número de novembro de 1990, con debuxos de Enrico Tronconi pertencentes a unha edición italiana.

vonK

Pica na imaxe para ver o Texto completo

Este texto forma parte do libriño titulado “Sobre marionetas, juguetes y muñecas” xunto con “Moral del juguete” de Charles Baudelaire e “Muñecas: Sobre las muñecas de cera de Lotte Pritzel” de Rainer María Rilke, tres obras mestras, na fronteira entre o ensaio e a poesía. Libriño que chegou a esta biblioteca da man de Celso Fernández Sanmartín, a quen lle damos as grazas por esta e outras doazóns.

sobre

Advertisements

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Bibliografía, Fondos, Publicacións on line coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s