Barracas de feira

Na primeira metade do século XX circularon moitas barracas de feira. Nalgunhas os números principais radicaban en espectáculos de títeres.

En Galicia  son famosas as barracas de Barriga Verde da familia Silvent, cando por circunstancias a familia se separou, polo norte de Galicia Santiago Silvent levou a súa barraca, titulada “Barriga verde, Pabellón de la risa. Culto. Moral”. vémola nesta foto editada por “El Progreso”, foto de 1947.

Polo Sur de Galicia, José Silvent levaba a súa. “Teatro Melodías de España. El auténtico Barriga Verde. Culto y moral”. Esta barraca parece ser que funcionou ata o ano 1964.

Pola Rioja, segundo conta Anselmo Ruiz Martínez na revista Belezos, n. 17, editada polo Instituto de Estudios Riojanos a familia Ducal explotaba o “Teatro Júpiter. Palacio de las maravillas del arte. Empresa Ducal”,   tamén con marionetas. Barraca que circulou entre 1947 e 1965, con moitas similitudes coas anteriores.

Por Europa tamén circulaban e circulan barracas,  Kasper, personaxe checo que tamén aparece en Alemania está  relacionado con Polichinela,  Punch, Giñol, Os Robertos e Barriga Verde. Esta barraca que vemos aquí circulaba por Suiza en outono de 1990, ano en que  a compañía Viravolta fixo unha xira por Europa.

No ano 2010 a compañía Viravolta, dentro do proxecto de elaboración da   longametraxe documental “Morreu o demo acabouse a peseta”, de Tintimán Audiovisual realizou unha reconstrucción da barraca e do espectáculo de títeres Barriga Verde.

Fotografía da Barraca “Barriga Verde. Pavillón da risa. Culto e moral” nas festas de San Frolán de Lugo no ano 2010. Foto Antón Iglesias

Advertisements

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Fotografía, Sen clasificar, Titiriteiros e titiriteiras coas etiquetas , , , , , , , , . Ligazón permanente.

3 Responses to Barracas de feira

  1. Pingback: Vicente Risco e as barracas de feira | Biblioteca Marioneta

  2. Pingback: Hai que ir alí, dixo Vicente Risco | Biblioteca Marioneta

  3. Pingback: Vicente Risco e o Enterro de Barriga Verde | Biblioteca Marioneta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s