Fantoches, monecos, monicreques e titiriteiros.

5 citas da literatura galega:

1

Sen título

Autor: O Galiciano. Paróla Gallega publicada tódolos días 1, 8, 15 e 23
Editorial: Paróla 80, 1 de abril
Data: 1886

“Os Andaluces.-Iste é un treato de Fantoches que se acaba de abrir na calle da Oliva, ó lado da riloxería da Real Casa. Por un real vese alí representar, en miniatura, «A nai i a nena», «Escenas andaluzas», o sainete «A cura dos deseios» i a chistosa tonadilla «Os dous compositores».”

2

Notas descriutivas sobre as romarías en Galicia (2ª ed., aument.)

Autor: Portela Pérez, Farruco
Editorial: Impr. e Comer. d’Andrés Landín. Pontevedra
Data: 1894

“…antr’as risas dos espeutadores e fai as súas delicias polas miles de voltas que dá no argadelo, pirmeiro dispacio, loigo á présa, e de súpeto para, pra lucir os froreos do fogo, composto de infinidá de charamuscas que trocan de direución a cada momento, faguendo vistosas combinaciós, i arremata cunha bomba que esmendrella o moneco en anacos, que voan esmigallados, e cuio forte estrondo deixa xordos, por un anaco de tempo, a tódolos da festa.”

3

Amor i eleuciós. Pequeno sainete de costumes

Autor: Casado Nieto, Manuel
Editorial: Gráfica Universal, Evaristo San Miguel, Madrid
Data: 1930

“É pois AMOR I ELEUCIÓS un refrexo da vida, sobre todo políteca, dos caldelaus; quixera aspirar a sere tamén sátera de moitos desmáns. Atacaráseme cecais de non empregar un galego hestóreco, cráseco ou culto. Teño pr’eso unha xustificaceón. Pra que fose máis espello da realidade, quixen que os monecos falasen d’idénteca maneira qu’o fan aqueles a quen repersentan…, como falan meus paisáns da comarca de Caldelas. E nada máis, leutor. Dá un paseíño, nestas páxinas, a Caldelas en tempo d’eleuciós, pero vai precavido, non te vaias a atopar c’algún cacique, e che saque un voto, polas boas ou polas malas…”

 4

1, 2, 3, 4… Trancos da vida do Braisiño

Autor: Casado Nieto, Manuel
Editorial: Ed. do Castro, Sada
Data: 1970

“O Braisiño non se atrigou aínda: -¿Il haberá tirapún de mouros? -Ista feira non debeu vir -dixo o Brais descendo do limbo, sin reparar na tención da pregunta. -Pois se de min dependera -continuou o rapaz-, pra a feira, no sitio de un dos mouros puña a algún monicreque escuallado coas perfebas ribetadas de roxo e unha cachimba… Vostedes xa me entenden. Miraron÷se os uns aos outros, pero non se riron. -¡Demontre de neno! Anda, Braisiño, vai xogar á tómbola -dixo÷lle o pai dando÷lle dous reás- en canto nós imos recoller a xuvenca.”

5

Xente ao lonxe

Autor: Blanco Amor, Eduardo
Editorial: Galaxia, Vigo
Data: 1972

“…todos iles nivelados polo raseiro da marmuración, vezo principal da vila. Dende onde xa se podían documentar os feitos da Señora Andrea, era desque chegara metida, ou eisí, que ao millor todo eran aparencias, cun titiriteiro, volante do Circo Feixoo, chamado «O Baronet d’Alcobaça» que o deixaran eiquí «desembarcado»: seu gosto polo «alpiste» de todas as comarcas, fixo crise final eiquí co licor café local que acabou coa súa resistencia e, o que foi pior, co seu indispensábel equilibrio profesional. A última tolaxada do «Baronet d’Alcobaça», foi querer torear…”

Advertisements

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Bibliografía coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s