Cego autómata

En 1970 publicase o romance de cego “Paco Pixiñas. Historia dun Desleigado contada por el mesmo. Romance de Aristides Silveira cun limiar tirado de proverbios do conde de Vimioso (o vello) e un epilogo de Celso Emilio Ferreiro”, editado en  por Edicións do Castro por Isaac Díaz Pardo.

A idea é de Xesús Alonso Montero e Isaac Díaz Pardo e propóñenlle a Celso Emilio Ferreiro a edición dun cartel, levar o proxecto a feiras e mercados e facer un relato en coplas ao estilo literatura de cordel.

A Celso Emilio Ferreiro ocurríuselle facer un cego robotizado que tocara o violino e  fora cantando o romance, mentras por transparencia ían mostrándose os cadros do cartel.

No ano 1971 levaron este cego a Feira de Mostras de Ferrol, aquelo enchíase de xente que ría a cacho, pero déronse conta de que as autoridades tamén rían, polo que chegaron á conclusión de que non se entendía ben, pois o cego contaba cousas contra esas autoridades e seguro que prohibirían aquel monicreque mecánico que cantaba cousas ofensivas pra os “pacopixiñas” do réxime.

O acompañamento musical estaba a cargo de Isidro B. Maiztegui. O cego movía os beizos e os brazos, o cartel ía encendendo as esceas ao avanzar o romance e o canto ía grabado nunha cinta magnética.

o cego cef

Fonte: “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” /Ramón Nicolás. Xerais 2012

Foto extraída do libro “Celso Emilio Ferreiro para os nenos”/ Xesús Alonso Montero. Xunta de Galicia 1989

Advertisements

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Bibliografía, Cartelería, Exposicións, Fotografía, Sen clasificar coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s