Morreu o demo, acabouse a peseta

Presentouse na Feira do Libro de Santiago de Compostela o libro DVD “Morreu o demo, acabouse a peseta” editado por Urco Editora,  producido por Tintimán audiovisual e realizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo; con textos de Comba Campoy, Germám Hermida, Xaime Iglesias, Marcelo Martínez, Pedro Solla e Toni Rumbau e ilustracións de Heitor Real.

O documental dirixido por Pedro Solla  contou cunha axuda á produción da AGADIC e a participación da TVG S.A.

L1001213Tomás González, de Urco Editora, Pedro Solla, Comba Campoy e Germam Hermida nun momento da presentación, acompañados do Demo, o Cura e Barriga Verde, bonecos do espectáculo Barriga Verde de Viravolta Títeres ”

“Desde os anos dez do século pasado e durante case cinco décadas, unha familia de marionetistas -Os Silvent- gañou a vida levando o seu espectáculo de feira en feira. A estrela do espectáculo era un boneco de luva chamado Barriga Verde, que chegou a ser moi popular en toda Galiza.

Co obxecto de restaurar a memoria do personaxe, a compañía de títeres Viravolta decide construir unha réplica da vella barraca dos Silvent e devolvela aos camiños. Afondando na xenealoxía de Barriga Verde o filme lévanos nunha viaxe internacional na busca das raíces comúns do teatro popular de marionetas europeo.”

morreu

Advertisements

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Bibliografía, Fondos, Titiriteiros e titiriteiras coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to Morreu o demo, acabouse a peseta

  1. Pingback: José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde | Biblioteca Marioneta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s