Bonecos de Sandes

Entre os anos 30 e  60 do século pasado  no Alentejo, concretamente na Freguesía de Orada, pertenecente á Camara Municipal  de Borba, contan as súas historias os “Bonecos do Mestre Sandes”, deben o seu nome ao Mestre Sandes que os adquiriu xunto con Inácio Farrifa,  máis tarde pasan as mans do poeta Joaquim Azinhal  Abelho , nado en Orada, a través da Fundación “Calouste Gubelkian”  que os doa  a  “Junta da Freguesía de Orada”, onde hoxe se atopan.

Este retablo de monecos e similar  aos “Bonecos de Santo Aleixo” tanto na súa forma e personaxes   como no repertorio de textos que representan;  mención especial merece o personaxe  de “Mestre-Salas” quen  presenta, conduce e resolve as accións drámaticas.

O repertorio dos Bonecos do Mestre Sandes recolle os amores de  “Paulo d’ Afonseca e Virgininha”, un vello adiñeirado que pretende casar cunha moza moi linda e moi nova, esta é a temática dos amores de “Don Cristóbal”, recreados por García Lorca en “El retablillo de Don Cristóbal”  e que  na literatura galega ten o seu referente en  ”Amor y crímenes de Juan el  Pantera” de Eduardo Blanco Amor.

Así mesmo atopamos personaxes  próximos  aos que conforman o mundo escénico do Barriga Verde da Familia Silvent , o barbeiro, o touro, o demo… voltamos de novo á gran familia do títere europeo.

Estes “Bonecos do Mestre Sandes” poden visitarse na sede da Freguesía de Orada xunto con outras interesantes  pezas museolóxicas que se conservan neste centro do Alto Alentejo.

Sede da Junta da Freguesía de Orada

Advertisements

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Espectáculos, Sen clasificar, Titiriteiros e titiriteiras coas etiquetas , , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to Bonecos de Sandes

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s