“CACHARROS AMOREADOS NO CHAN”

Por Mónica González Otero

 

“Manifiesto cannibale Dadá.

Dadá non ule a nada, porque

non significa nada, nada, nada, nada,

dadá é coma vosas esperanzas:

nada,

coma voso paraíso: nada

coma vosos ídolos: nada,

coma vosos líderes políticos:

nada,

coma vosos héroes: nada

como vosos artistas: nada

coma vosas relixións: nada

…”

Francis Picabia.

 

O dadaísmo foi unha corrente artística das vangardas da primeira metade do século XX. Supuxo unha resposta cultural á I Guerra Mundial, que deixara ó descuberto milleiros de mortos, e a desesperanza na condición humana.

O fracaso da ética e da estética burguesa, foi contestada polos dadaístas a través dun espírito de ruptura co establecido.

E unha das súas manifestacións é a fotomontaxe, o ensamblado nunha soa imaxe de recortes fotográficos, moitas das veces combinados con elementos tipográficos, procedentes de revistas, xornais … Utilizando un procedemento que pode semellar inxenuo, máis está cargado de habilidade, disólvese o sentido común e emerxe unha imaxe nova que, a pesares do caos, destila coherencia. Vaise máis alá do collage, aquí non se esconde a crudeza do proceso de fabricación. A rotura das fotos e o corte das tesoiras, acercan ós dadaístas a súa exaltación do mecánico, a súa identificación cos enxeñeiros e cos monos de traballo.

 

Facendo frente ó desdén machista co que foi recebida, Hanna Höch (Gotha 1889- Berlín 1978) introdúcese nos círculos dadaístas, é membro fundador do Clube de Berlín, e utiliza a fotomontaxe coma reflexo do que queda do mundo coñecido daquela, cacharros amoreados no chan.

 

Sen descoidar o optimismo, saca particular proveito desta destrucción, e así, moito antes de que o corpo fora recoñecido coma “campo de batalla” (Bárbara Kruguer), e antes tamén de que “o persoal fora político” (Simone de Beauvoir), Hanna Höch desfíxose de prexuízos machistas,e constrúe unha muller nova servíndose da súa particular cosmovisión, mesturando nas súas obras os rasgos europeos tan recoñecidos, con outros traídos de culturas coma a xaponesa ou a africana. Sacando á muller das revistas de moda para recoñecerlle a súa fortaleza e a súa identidade propia. Son así as suas fotomontaxes, que non están faltas de sentido do humor e de ironía,  a revelación do inconformismo, a negación dos roles clásicos.

Sempre metida na elaboración conceptual dun mundo novo, en 1945 constrúe peza a peza o “Album Ilustrado”, 19 collages e rimas poblados de animais e plantas exóticas e marabillosas, somentes posibles noutro mundo. Elabora en imaxes e palabras un mundo fantástico, alegre e despreocupado onde personaxes coma Pelochiribitas xamais será unha raíña da beleza. Este albúm non atopou espazo editorial ata pasados 30 anos.

“Desexo facer sentir o imposible como posible”, adiantaría Hanna Höch en 1929. O recoñecemento debido a esta artista punki non lle chegaría, nin tampouco o buscaría, ata 1976, dous anos antes da súa norte.

This slideshow requires JavaScript.

Pd. Grazas infinitas a Viravolta Títeres, pola súa teima en facer de Lalín un sitio amable.

Mónica González Otero

Advertisements

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Imaxe | Estas entrada foi publicada en Arte coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

One Response to “CACHARROS AMOREADOS NO CHAN”

  1. Pingback: De los veranos de amor armado | Biblioteca Marioneta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s