Nos últimos anos da década dos setenta e comezo da dos oitenta xorden en Galicia novas compañías de marionetas para encher o baleiro producido co abandono de José Silvent e a súa Barraca de Barriga Verde no ano 1964. O pulo definitivo será a celebración en Mondoñedo do I Festival Galego dos Titiriteiros e a creación da Asociación de Titiriteiros Galegos.
Celébranse 30 anos daquela xuntanza e o Titirideza 2015 quere render homenaxe a aquel esforzo cunha programación exclusivamente de compañías de Galiza que amosen a vitalidade desta arte no noso país.
Así mesmo, a reapertura do Museo Galego da Marioneta no Pazo de Liñares permite expoñer material documental daquel tempo, non tan afastado.
Esta exposición, baixo o título de “Eran os oitenta…” permanecerá ata o 15 de setembro no Museo Galego da Marioneta
CARTELERÍA
- Festivais e encontros dos titiriteiros galegos
- Domingo de Furabolos
- Cartel de Domingo de Furabolos en Xove
- Calendario dos fantocheiros
- Festival Internacional
- Mostras de Teatro Infantil “Xeración Nós”, no centro, o ogro Matachín de Viravolta títeres
- Coproducións co Centro Dramático Galego
- Carteis de compañías
- Carteis de compañías
PUBLICACIÓNS
- Programas, folletos
- Folletos de festivais
- Folletos de compañías
- Programas, publicacións
- Publicacións
FOTOGRAFÍAS
- Titiriteiros
- Pasarrúas
- Espectáculos
VÍDEOS
- Domingo de Furabolos (1988)
Longa vida ás marionetas!!!
Reblogged this on Museo Galego da Marioneta.