III Jornadas sobre Bibliotecas de Museos

boli

Baixo a coordinación da Red de Bibliotecas de Museos. BIMUS , celebráronse no Museo Lázaro Galdiano as III Jornadas sobre Bibliotecas de Museos. Co subtítulo “Hacia una integración de colecciones y servicios”, as xornadas desenvolvéronse os días 26 e 27 de novembro con relatorios e mesas redondas englobados en bloques temáticos.

A biblioteca do Museo Galego da Marioneta asistiu a estas xornadas onde os profesionais das bibliotecas e os museos estableceron un marco de diálogo e reflexión sobre os modelos existentes para xestionar, describir e difundir as coleccións das bibliotecas de museos. Por outra banda déronse a coñecer experiencias de diversas institucións na organización dos servizos dispoñibles.

Aquí podedes descargar o programa completo

A sede destas xornadas  foi esta vez a biblioteca do Museo Lázaro Galdiano, que nos brindou unha acollida insuperable.

sede

Os asistentes fomos agasallados co libro “Los museos de arte en Madrid” de José Ramón Mélida y Alimari, con edición, prólogo e notas de José Antonio Yeves Andrés e editado por Analecta Editorial.

Este libriño, editado con motivo destas xornadas de bibliotecas de museos recolle un artigo publicado na revista “La España Moderna” en 1903, da que era director e propietario José Lázaro Galdiano. Un honor para os asistentes a estas xornadas recibir este exemplar deste texto esquecido que agora renace.

20151126_120336

Algunhas imaxes dos relatorios:

Ademais dos relatorios e as mesas posteriores os asistentes fomos convidados a gozar dunha visita guiada a unha biblioteca de museo, nós achegámonos á Biblioteca do Museo del Prado onde puidemos apreciar a sala de lectura, as salas de proceso técnico e o acceso aos recursos electrónicos e dixitalizacións.

Fóra do programa oficial os bibliotecarios seguiron intercambiando opinións, maneiras de facer, proxectos, inquedanzas… en ámbitos menos formais e igual de agradables.

IMG-20151126-WA0004

Advertisements

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Arte, Congresos-Xornadas-Reunións coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s