Sophie Taeuber-Arp e “O rei cervo”

Sophie Taeuber-Arp (Davos 1880-Zurich 1943) foi unha artista suíza, en 1915 coñeceu a Jean Arp, pintor, escultor, escritor e co-fundador do Dadaísmo co que casou en 1922. Sophie Taeuber-Arp foi moi activa no movemento Dadá. A súa obra abarca a danza, ás artes figurativas, ás marionetas, o téxtil e a artesanía.

Sophie Taeuber e Jean Arp

Sophie Taeuber e Jean Arp

Dadá foi unha palabra escollida ao azar no dicionario, significa cabaliño de pau. Os dadaístas ansían a sinxeleza e o fantástico. O campo dos xoguetes e as marionetas foi delas, das dadaístas, Emmy Hennings creou marionetas de fío, Sophie Taeuber-Arp puxo en escena “O rei cervo” con marionetas de fío.

Con motivo da exposición do Schwizerischer Werkbund -SWB- (Unión suíza de artesáns, artistas e arquitectos), en Zurich en 1918,  fixéronse representacións de marionetas no Schweizerische Marionettentheater (Teatro Suízo de Marionetas) erixido especialmente para esta ocasión, e dirixido por Alfred Altherr, presidente da SWB.

Alfred Altherr, confíalle a Sophie Taeuber-Arp o decorado e a concepción de marionetas de fíos para “O rei cervo”  conto dramatizado por Carlo Gozzi, nunha adaptación orixinal de René Morax e Werner Wolf, que se estreará no Schwizerische Marionettentheater o 11 de setembro de 1918.

roi

Os personaxes, esculpidos por Carl Fisher son concibidos a partir de figuras xeométricas elementais, cilindros, esferas, conos, etc. Os corpos das marionetas están moi segmentados, con múltiples articulacións, como inspiradas en insectos, a experiencia de Sophie na danza reflíctese no movemento das marionetas.

deramo

Son marionetas dun estilo dadaísta e cubista con formas naifs, formadas por elementos básicos torneados, pintados a unha soa cor e levando restos dos utensilios utilizados, o mecanismo de movemento é visible, os membros unidos por alcaiatas presentan movementos soltos, en todas direccións, alonxándose do naturalismo.

centinela

“O rei cervo” volveuse representar en 1965 por Puppentheater de Saint Gall e en 1993 por Zurchen Marionetten. Actualmente as marionetas están no Museo Bellerive de Zurich.

Para saber máis:

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Arte, Bibliografía coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s