O pasado 3 de xuño celebrouse a III Xornada sobre Bibliotecas Especializadas no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Esta edición dedicouse á Xestión de documentos singulares, un material moi abundante nas bibliotecas especializadas; prensa local, libros raros, cartaces, correspondencia, autocolantes… que precisan conservación, catalogación, difusión e acceso e tomar conciencia do seu valor patrimonial e riqueza documental. Nalgún caso documentos únicos de acontecementos que quedarían silenciados polo tempo.
E aló fumos, unha mañá de primavera adentrámonos no Ribeiro.
E chegamos ao Museo Etnolóxico de Ribadavia.
César Llana deunos a benvida e Rosa Lamas, anfitriona insuperable coma sempre iniciou as xornadas.
Algunhas imaxes das conferencias:
A media mañá e a medio día por suposto fixemos paradas para coller forzas:
E ao rematar a organización agasallóunos cunha visita guiada á vila de Ribadavia, magnífico lugar pola súa beleza e a súa historia.
Información sobre á xornada no blog da Biblioteca do Museo etnolóxico de Ribadavia.