Bookcrossing 2018

O día 20 de abril 57 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura anegarán as cidades de libros con motivo da celebración do Día Internacional do Libro.

Os devanditos centros únense nunha experiencia de bookcrossing na que liberarán libros relacionados con diferentes disciplinas.

Por décimo ano consecutivo un total de 57 museos e centros de arte compartirán o próximo 20 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro, unha experiencia de bookcrossing ou campaña de liberación de libros, coa pretensión de anegar as cidades con volumes procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas. Os participantes poñen en circulación estes libros coa intención de que as persoas que os recollan, gocen da súa lectura e volvan a liberalos noutro punto distinto do mundo. Todos os libros liberados estarán acreditados coas súas correspondentes etiquetas, conterán as instrucións necesarias para facilitar ós lectores a súa participación na campaña e estarán rexistrados na páxina web http://www.bookcrossing.com/mybookshelf, na que os lectores poderán indicar o lugar onde liberarán cada exemplar. O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos no esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas culturais.

Desde a súa aparición a nivel internacional en 2001, o bookcrossing non fixo senón multiplicar o número de participantes neste tipo de iniciativas. O bookcrossing defínese como un «clube de libros global», rexido por tres sinxelas regras, coñecidas como os tres erres, é dicir, read (le), register (rexistra), release (libera). Os libros libéranse normalmente en lugares públicos e de tránsito de persoas; desde as Universidades, osmedios de transporte, os polideportivos etc., e se cada usuario segue estas sinxelas instrucións é fácil coñecer, a través da páxina http://www.bookcrossing.com/mybookshelf, o traxecto realizado por un libro desde o seu punto de orixe ó de recollida. O bookcrossing non só permite compartir e intercambiar gratuitamente libros senón tamén seguir a pista de calquera deles unha vez liberado, así mesmo coñecer quen o leu e en que lugar. Calquera persoa pode participar nesta experiencia, non só recollendo libros senón tamén poñendo en circulación outros da súa propiedade, rexistrándoos na páxina web de bookcrossing e liberándoos despois nun lugar público.

Todos os libros liberados conteñen catro etiquetas adhesivas. A primeira delas, no lombo, é o símbolo internacional do bookcrossing, o debuxo dun libro con brazos e pernas en situación de correr, personalizado para esta ocasión co logotipo de cada centro ou museo. Un texto aclara que se trata dun libro bookcrossing. A segunda vai colocada sobre a cuberta do libro e nela danse máis detalles: «pásalle este libro a alguén ou déixao libre na súa aventura» e «non me perdín, son parte dun club de libros global», á vez que remite a máis detalles no interior do libro.

Unha vez dentro, a terceira instrúe á persoa que recolleu o libro sobre o obxecto da liberación de libros e sobre a conveniencia de participar nesta experiencia internacional a través da páxina web http://www.bookcrossing.com/mybookshelf, que permite coñecer onde estivo a publicación e quen a leu, así como incorporar ó novo lector ó seu diario de viaxe. Na cuarta e última o lector pode escribir o seu nome e o lugar onde atopou o libro.

O día 20 de abril calquera persoa poderá seguir estes pasos con algún dos libros que se liberarán en distintos puntos de cada unha das cidades participantes.

 

Museos e centros participantes:

Biblioteca de la UNED, Biblioteca del Museo de Zamora, Biblioteca del Museo Etnográfico de Castilla y León, Biblioteca del Museo l’Iber, Biblioteca del Museu de Belles Arts de València, Biblioteca del Museu Valencià d’EtnologiaBiblioteca do Museo das Peregrinacións e de SantiagoBiblioteca do Museo Galego da MarionetaBiblioteca y Centro de Documentación. Artium, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo (Vitoria-Gasteiz)Bilboko Arte Ederren Museoa-Museo de Bellas Artes de Bilbao, Casa de Colón, CCCB, Centre de Cultura contemporània de Barcelona, CENDEAC, Centro de Documentación y Estudios Avanzados de Arte Contemporáneo, Centre d’art la Panera, Lleida, Centre de Documentació de Cultura Popular (Direcció General de Cultura Popular i Associacionisme Cultural-Gencat), Centro Atlántico de Arte Moderno, CAAM, Centro cultural Montehermoso kulturuneaCentro de Arte Caja de Burgos CABCentro de Arte Contemporáneo de Huarte-Uharteko Arte Garaikideko Zentroa, Centro de Arte La Regenta, Centro de Documentación de las Artes Escénicas de Andalucía, CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea, CRAI Belles Arts. Universitat de Barcelona, Es Baluard Museu d’Art Modern i Contemporani de Palma, Fundació Joan Miró, Fundación Eugenio Granell, IVAM Institut Valencià d’Art Modern, La Casona de Tudanca, MACA. Museo de Arte Contemporáneo de Alicante, MACVAC Museu d’Art Contemporani Vicente Aguilera Cerni (Vilafamés), MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MMC Museo Marítimo del Cantábrico, MUSAC, Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y LeónMuseo Arqueológico de Asturias,  Museo Art Nouveau y Art Déco – Casa Lis (Salamanca), Museo Bolarque de la Fundación Gas Natural Fenosa, Museo Casa Natal de JovellanosMuseo de Belas Artes da Coruña, Museo de Bellas Artes de Asturias, Museo de la Naturaleza de Cantabria. MNAT, Museo de Navarra (Pamplona), Museo de Prehistoria y Arqueología de Cantabria – MUPAC, Museo de Valladolid, Museo del Carlismo / Karlismoaren Museoa, Museo del Ferrocarril de Madrid, Museo del Gas de la Fundación Gas Natural Fenosa, Museo del Traje, Museo Atnográfico de Cantrabia, Museo Etnológico de Navarra Julio Caro Baroja” / Nafarroako “Julio Caro Baroja” Museo Etnologikoa, Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Museo Nacional de Antropología, Museo Nacional de Arte Romano, Museo Nacional de Cerámica y Artes Suntuarias González Martí, Museu de Prehistòria de València – Biblioteca, Muséu del Pueblu d’Asturies, Tabakalera. Centro Internacional de Cultura Contemporánea / Tabakalera. Kultura Garaikidearen Nazioarteko Zentroa.

 

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Actividades coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s