Sen medo ao demo

O pasado 6 de xullo presentouse no Pazo de Liñares, sede do Museo Galego da Marioneta o libro Sen medo ao demo. Resistencia simbólica na Galiza da Posguerra: o teatro de títeres de Barriga Verde, de Comba Campoi, editado por Dr. Alveiros, selo editorial da Fundación Vicente Risco. Esta edición foi patrocinada polo Concello de Lalín.

O libro está baseado na tese de doutoramento da autora, O teatro popular de marionetas como medio de comunicación das subalternas. O caso da barraca de Barriga Verde na Galiza de Postguerra (1939-1960), e recibiu un accesit do xurado do XXII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais.

Esta obra aspira a rescatar unha expresión da cultura popular galega que emparenta con outras tradicións europeas de títeres. Reconstrúe a xenealoxía do personaxe e da familia de artistas ambulantes que lle deron vida e analiza os mecanismos que converteron un humilde teatro de monifates nun medio a través do cal comunicar as arelas dos sectores subalternos en tempos onde calquera transgresión da orde simbólica dominante era gravemente punida.

Luis Martínez Risco, Lara Rodríguez, Comba Campoy, Paula Godinho e Julio Balado na presentación do libro.

Comba Campoy asinando exemplares.

A antropóloga Paula Godinho, autora do prefácio do libro escribe nel:

“[…] Nas feiras, que acompanhavan o ciclo cerimonia anual, a barraca onde os subalternos riam era, numa reiteração dos termos do mesmo James C. Scott, uma zona de refúgio. Ali, através de um idioma social que as subalternas reconheciam, recorria-se à risoterapia, que conferia os galegos alguma resistência, nos anos de chumbo dos fascismos ibéricos.”  

Na presentación do libro estiveron presentes a autora Comba Campoy, a antropóloga Paula Godinho, prologuista do libro, Luis Martínez-Risco, presidente da Fundación Martínez Risco, editora do libro. Lara Rodríguez, concelleira de Cultura do Concello de Lalín e Julio Balado do Museo Galego da Marioneta.

 

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Actividades, Bibliografía coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s