Picapolaina. Teatro de marionetas

Con motivo da próxima reapertura do Museo Galego da Marioneta Cecilia Fernández e o ilustrador Lokis achegáronnos material da compañía “Picapolaina” que se poderá consultar na nosa Biblioteca-Centro de documentación.

logo

Cecilia  e Lokis cederan ao Museo Galego da Marioneta, nunha primeira ocasión, fotografías, bosquexos e unha gravación magnetofónica, estas pezas complétanse con novos bosquexos, fotografías, recortes de prensa e notas manuscritas e mecanografadas que permiten coñecer mellor a importancia desta compañía, que no ano 1980 axudou a “reinventar” a profesión de titiriteiro, profesión que desaparecera en Galicia nos anos 60 ao deixar a familia Silvent de representar o seu “Barriga Verde” polas feiras e festas de Galicia.

prensa

Din nunha nota mecanografada:

“Nacimos con este nome no ano 1980.

A palabra é un xogo infantil que de seguro coñecedes. Un que fai de nai, outro que apanda cos ollos pechos no seu colo e os nenos que andan a correr. Un deles pincha á panda e entón a nai pregunta:

-¿¡Quen te picou!?-.

-A Picapolaina-, responde. -Pois, vai alá, e traina-.

E ten que pillar ó pícaro. -Que traes ahí? -Un saco de area-.-

Pois lévao para alá que non é desta aldea-.. Ou -Traino para acá que é desta aldea- se se trata do que lle picou.

Velaí nos tendes: Rodrigo Roel

A nosa Facha: Fernando Pedrido

                             Cecilia Fernández

                             e Lokis

Rodrigo xa traballara en teatro e o resto viñamos de colaborar con Kukas na obra de Barriga Verde. Amáis Lokis estivera en Paris con Mouskine nas Marionetas de La belle Etoile.”

xigante

Fotografía do espectáculo “O Tesouro da Vida” 

Agradecemos a Cecilia e a Lokis a aportación deste material. Grazas por conservalo e permitir a súa difusión.

Advertisements

About Biblioteca Marioneta

Biblioteca especializada. Viravolta Títeres
Estas entrada foi publicada en Espectáculos, Fondos, Fotografía, Titiriteiros e titiriteiras coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s