Por oitavo ano consecutivo un total de 56 museos e centros de arte compartirán o 22 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro, unha experiencia de bookcrossing ou campaña de liberación de libros, coa pretensión de inundar as vilas e cidades con volumes procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas.
As bibliotecas participantes poñen en circulación estes libros coa intención de que as persoas que os recollan, gocen coa súa lectura e volvan a liberalos noutro punto distinto. Para facilitar este viaxe, os libros liberados estarán acreditados coas súas correspondentes etiquetas e conterán instrucións precisas para facilitar a participación na campaña; estarán rexistrados na páxina web http://www.bookcrossing.com/ onde se poderá indicar o lugar onde se liberan de novo.
O obxectivo desta iniciativa é sumar as bibliotecas dos museos nun esforzo común para o fomento da lectura e para a difusión do coñecemento das distintas disciplinas culturais.
Con grande agrado a Biblioteca do Museo Galego da Marioneta súmase un ano máis a esta iniciativa, coordinada pola biblioteca do Centro Museo Vasco de Arte Contemporáneo de Vitoria-Gasteiz Artium
Vídeo en Youtube: